Thursday 02 de May de 2024

O Partido Popular de Arzúa lle solicita ao goberno local que confirme se hai un incumprimento do contrato no servizo so SAF, e se os usuarios deben ceder o seu teléfono particular para a fichaxe das traballadoras.


• Nos preocupa que os veciños teñan que implicarse en cuestións laborais da empresa.

Logo de recibir unha comunicación por parte dun sindicato, CGT, de que se están a incumprir algúns dos puntos do contrato de licitación do Servizo de Axuda no Fogar, dende o Partido Popular de Arzúa lle trasladamos por rexistro ó goberno local o pasado venres este feito.

Segundo parece, debido a que actualmente o persoal que realiza o servizo non dispón doutro medio para fichar o inicio da quenda de traballo nos domicilios dos usuarios que reciben os servizos, como teléfonos móbiles de empresa, as traballadoras estarían obrigadas a realizar as chamadas á empresa dende os teléfonos fixos en cada domicilio, verificándose así o horario e que realizan o seu traballo nos mesmos.
Para Rafael Rivadulla, voceiro do grupo municipal popular, “xa non é só un tema de custo das chamadas dende os domicilios, pois en moitos casos pode ser nulo ou irrelevante, senón que se estaría a implicar aos usuarios e ás súas familias en cuestións laborais entre unha empresa e as súas traballadoras”.

Por este motivo lle solicitamos ao goberno local de AxA-PSdG que confirme se é certa a información, ou se ten algún tipo de xustificación esta actuación.